Mr Misto Films coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Axencia Audiovisual Galega, pon en práctica o terceiro proxecto de produción dixital e independente de Galicia.

A toda Mecha reperesenta un proxecto de produción conxunta no que a organización pretende pór a disposición dos novos creadores todos os elementos necesarios para a gravación e produción de curtametraxes.

Este proxecto apoiado dende o seu nacemento pola Axencia Audiovisual Galega estase a converter nun referente para todos os mozos creadores galegos que queren demostrar o seu bo facer cinematográfico.

Unha aposta; como xa é tradicional en Mr Misto Films e na Axencia Audiovisual Galega, por novos creadores, novos contidos e novas tecnoloxías.

Intro
Valid XHTML 1.0 Transitional Valid CSS
GA | ES | EN